Feliz verán a todos!!! E ata sempre!!!
jueves, 30 de junio de 2011
jueves, 16 de junio de 2011
Flores en 3D
Nunhas cartulinas de cores, recortámolas e enrollámolas no lapiz. Pegámolas noutra cartulina e pegámoslle un talo e purpurina e pegamoslle follas. Quedaron unhas flores chulísimas!!!!
Hugo P. e Vicky
Visita do contacontos
O contacontos foi moi divertido. A protagonista chamabase Alba. Pola maña Alba oíu chorar a unha velliña porque lle roubaran a calceta. Foron a ver se os veciños lle daban algo. Polo camiño encontraron aos amigos de Alba e Alba preguntou: podédesnos dar algo para calcetar? Vale pero noa
Feira Matemática
A Feira Matemática era moi divertida. Habia un posto de facer figuras xeometricas con palliñas, habia outro posto que era de cubos de Rubik, e no noso posto habia unha mariola de preguntas, tamén habia outro posto de informática... Habia vales para conseguir refrescos: facíanche unha pregunta e dábanche un refresco.
Clara e Carmen
Clara e Carmen
miércoles, 15 de junio de 2011
Festival Letras Galegas
O dia das Letras Galegas foi dedicado a Lois Pereiro. Cantamos a cancion "O corpo" e foi moi
divertido. Nós levabamos uns esqueletos nas camisetas. Os de 5 anos cantaron "Por que isto é tráfico", os maiores cantaron a canción de Michael Jackson "Thriller", os de 6º cantaron a canción de "chica yeye", "me duele la cara de ser tan guapo" e "marchamos". Encantounos!
Aira e Juan

As recomendacións literarias dos nenos de 2ºB
Este curso, os nenos e nenas de 2ºB lemos un montón de libros divertidos, pero estes son os que máis nos gustaron. Así que aquí van as nosas recomendacións literarias:
1. Gerónimo Stilton: Tercer viaje al reino de la fantasia
2. O Soldadiño de Chumbo
3. O Mago Merlín
1. Gerónimo Stilton: Tercer viaje al reino de la fantasia
2. O Soldadiño de Chumbo
3. O Mago Merlín
4. Cando a terra esqueceu xirar
5. Melvin Beederman Superheroe: la venganza de los hermanos MacNasty
6. El caso de la jirafa fantasma
lunes, 13 de junio de 2011
Samuel cos xogadores do R.C. Deportivo da Coruña
Estes somos eu Samuel e Hugo R e gustanos o deportivo de la coruña.Samuel foi ver o depor vs atBilbao gañou 2 a1 marcou do bilbao Toquero e un en propia e do depor marcou Adrian. O meu irman estuvo ao lado de Andres Guardado e a esquerda do estadio Riazor estaba o Riazor blus.
A Hugo R escollerono no depor benjamin.
A Hugo R escollerono no depor benjamin.
miércoles, 1 de junio de 2011
Que é Galicia?
Lois Pereiro escribiu un poema titulado "Que é Galicia?" utilizando tódalas letras do abecedario para describir a nosa terra.
Nós quixemos facer o mesmo así que cada un tiña unha letra e pensamos unha palabra con esa letra sobre Galicia.
Eu (Hugo R.) tiña a Z e, como non se nos ocorría ningunha que empezara por Z, escollemos unha que remataba en Z: feliz. Miguel tiña a V e pensou que podiamos poñer "Galicia é vida".
Aquí tedes o poema enteiro:
Hugo R. e Miguel

jueves, 26 de mayo de 2011
A Primavera
Fixemos un mural da primavera. Era moi bonito. Ten moitos animais, un neno e máis unha nena e moitas flores. Primeiro pintamos, despois pegamos papeis de animais. Estivo moi ben. A ver se vos gusta!
Adrián R. e Olalla
Adrián R. e Olalla
miércoles, 18 de mayo de 2011
Letras Galegas 2011: Lois Pereiro
Este ano dedicámoslle as Letras Galegas a Lois Pereiro.
Lois Pereiro naceu en Monforte. Estudou en Madrid. Foi letrista dun grupo de pop-rock chamado "Radio Océano". Tamén traballou escribindo para a revista "Loia" e tamén foi traductor. Durante a súa estancia en Madrid, consumiu aceite de colza e enfermou gravemente. Morreu moi novo.
Lucas e Cristian

lunes, 2 de mayo de 2011
O corpo humano
Por fin temos listo o noso video interpretando a canción "O esqueleto" de Migallas.
Esperemos que vos guste!
lunes, 28 de marzo de 2011
Saída didáctica: El elefante y la araña
escritores Xurxo e Lucia
Fomos a Santiago a ver a obra do elefante e a araña.
Trataba de que os elefantes encantáballes balancearse nas telarañas. As arañas eran amigas dos elefantes.
Un dia os elefantes balanceáronse na telaraña e rompérona. A nai araña enfadouse.
miércoles, 23 de marzo de 2011
Clara e Lydia bailando "Mamma Mia"
Ola, somos Clara e Lydia. No entroido disfrazámonos de "Mamma Mia". Ensaiamos tódolos sábados. Era moi difícil. Primeiro fomos a Sigüeiro, despois fomos a Ponte Carreira, despois a Ordes e por último a Mesón do Vento.Gañamos o primeiro premio en tres sitios. E pasámolo moi ben.
Clara e Lydia
Clara e Lydia
miércoles, 9 de marzo de 2011
O Entroido
Somos Samuel e Carmen e imos contar o que pasou no Entroido.Os de primeiro iban de fresas, nos ibamos de xardiñeiros e de flores, os de terceiro iban de morcegos, os de cuarto b iban de pingüinos, os de cuarto a iban de frutas e os de quinto e os de sexto iban de vacas. Os de infantil ian de abellas,bolboretas e de xoaniñas.
viernes, 25 de febrero de 2011
Entroido 2011
Luns 28 de febreiro: "O luns, cando te ergas, os calcetíns has mesturar, e un elegante bigote, baixo o nariz has levar".
Martes 1 de marzo: "O martes antes de chegar, a túa cabeza has cubrir, e no nariz ben pintada unha penca cor carmín".
Mércores 2 de marzo: "Mércores... non metas a pata, e ao cole has de vir, cunha longa garavata, se te queres lucir".
Xoves 3 de marzo: "O xoves pola mañá, ti vas poder presumir. Pon un mandil bonito, se te queres divertir".

viernes, 11 de febrero de 2011
SEÑOR MUNDO,DÍGAME?
SOMOS SAMUEL E PABLO E VIMOS A OBRA SEÑOR MUNDO,DÍGAME?
SABES? ERA ABURRIDISIMA, FACIAN SEMPRE O MISMO, SEMPRE O MISMO...
FIXERON O PEIXE,O CARACOL E O PAXARO PERO NON FIXERON A SERPE.
BOTARON POMPAS E ESO É O QUE MAIS MOLOU. O CHICO DA OBRA CANTOU CON NÓS E CANTABA COMO UNHA VELLA.
Samuel e Pablo

viernes, 4 de febrero de 2011
A Paz
Ola! Somos Hugo P. e María. Imos explicarvos o que fixemos o día da Paz. A nosa profe foi a representante deste ano e ensaiounos a canción de Juanes "Odio por amor". Tamén fixemos un mural da paz con pombas que levan palabras bonitas e nos globos que explotamos puxemos palabras feas.
María e Hugo P.
María e Hugo P.
O inverno
O noso mural do inverno é moi chulo. Hai unha nena que está facendo un boneco de neve.
Tamén fixemos unhas caretas dun boneco de neve de cartulina branca, coloreámolas con rotulador e despois puxémoslle purpurina.
Lucía e Juan
Tamén fixemos unhas caretas dun boneco de neve de cartulina branca, coloreámolas con rotulador e despois puxémoslle purpurina.
Lucía e Juan
Treasure Island
Fomos de excursión a ver unha obra de teatro en inglés. Enrique tivo que subir ao escenario a facer de cociñeiro e eu, Vicky, fixen de máquina de tomar cerveza.
Enrique sacoulle as chaves a Long John Silver do cofre a tamén tivo que disfrazarse e bailar de hawaiana.
Vicky e Enrique
O Nadal (2ª parte)
Escribimos as cartas aos Reis Magos e levámosllas en persoa aos reis. Tamén cantamos unha panxoliña de nadal. Tamén vimos o nacemento de Xesús e os Reis Magos déronnos golosinas.
A panxoliña era así:
O neno Xesús, o neno Xesús
nas pallas está.
E a Virxe María ri
San José contento está
e a mula e o boi, e a mula e o boi
caloriña dan.
Brais e Olalla
A panxoliña era así:
O neno Xesús, o neno Xesús
nas pallas está.
E a Virxe María ri
San José contento está
e a mula e o boi, e a mula e o boi
caloriña dan.
Brais e Olalla
Adornos para a árbore
Material
* cartón
* pasta
* cola branca
* esprai
Ao principio collemos un cartón con forma de estrela e outro con forma de círculo, aínda que se pode usar calquera forma. Despois botamos a pasta por encima da cola branca. Deixamos secar e botamoslle esprai de cor prata ou dorado e collemos un fío tamen prata ou dorado para colgalos.
Por Aira e Ángel

O Nadal (1ª parte)
Fomos a ver a obra de teatro que fixeron os de 6ºC. Nela saían Melchor, Gaspar e Baltasar que ían a tódalas casas a darlles os regalos aos nenos. E tamén había un camello moi gracioso.
Na clase fixemos unha árbore debuxando as nosas mans en papel verde metalizado e pegándoas nun mural. Quedou moi chula!
Un bico
Lydia e Pablo
Na clase fixemos unha árbore debuxando as nosas mans en papel verde metalizado e pegándoas nun mural. Quedou moi chula!
Un bico
Lydia e Pablo
O corpo humano
Ola, somos Antón e Adrián V.
No primeiro trimestre practicamos o corpo humano na clase. Fixemos un esqueleto en cartulina negra e tamén cantamos a canción do corpo humano que nos gusta moito.
Esta é a canción:
Coa cabeza podo pensar
a canción que quero cantar
o tronco podo mover
se o ritmo me vai ben
as extremidades para bailar,
dar palmadas e patalexar
CABEZA; TRONCO; EXTREMIDADES
agora máis difícil ánimo rapaces!
Antón e Adrián V.

O Samaín
Eu son Clara e vouvos contar que no cole fixemos unha exposición de cabazas. A miña cabaza era de Hello Kitty. Tamén escoitamos os contos de medo que escribiron os nenos e nenas de 4º.

Agora, eu Cristian, vouvos contar un conto de medo:
Había unha vez unha flor que era un fantasma moi malo. E claro, chamábanlle "Maldad" e, un día asustou a un neno moi pobre. Pasaron dúas semanas e volveu a asustalo con cara de monstro feroz.
Clara e Cristian

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)