viernes, 25 de febrero de 2011

Entroido 2011

Luns 28 de febreiro: "O luns, cando te ergas, os calcetíns has mesturar, e un elegante bigote, baixo o nariz has levar".




Martes 1 de marzo: "O martes antes de chegar, a túa cabeza has cubrir, e no nariz ben pintada unha penca cor carmín".






Mércores 2 de marzo: "Mércores... non metas a pata, e ao cole has de vir, cunha longa garavata, se te queres lucir".





Xoves 3 de marzo: "O xoves pola mañá, ti vas poder presumir. Pon un mandil bonito, se te queres divertir".



viernes, 11 de febrero de 2011

SEÑOR MUNDO,DÍGAME?

SOMOS SAMUEL E PABLO E VIMOS A OBRA SEÑOR MUNDO,DÍGAME?
SABES? ERA ABURRIDISIMA, FACIAN SEMPRE O MISMO, SEMPRE O MISMO...
FIXERON O PEIXE,O CARACOL E O PAXARO PERO NON FIXERON A SERPE.
BOTARON POMPAS E ESO É O QUE MAIS MOLOU.  O CHICO DA OBRA CANTOU CON NÓS E CANTABA COMO UNHA VELLA. 



Samuel e Pablo  

viernes, 4 de febrero de 2011

A Paz

Ola! Somos Hugo P. e María. Imos explicarvos o que fixemos o día da Paz. A nosa profe foi a representante deste ano e ensaiounos a canción de Juanes "Odio por amor". Tamén fixemos un mural da paz con pombas que levan palabras bonitas e nos globos que explotamos puxemos palabras feas.


María e Hugo P.




O inverno

O noso mural do inverno é moi chulo. Hai unha nena que está facendo un boneco de neve.
Tamén fixemos unhas caretas dun boneco de neve de cartulina branca, coloreámolas con rotulador e despois puxémoslle purpurina.

Lucía e Juan

Treasure Island

Fomos de excursión a ver unha obra de teatro en inglés. Enrique tivo que subir ao escenario a facer de cociñeiro e eu, Vicky,  fixen de máquina de tomar cerveza.
Enrique sacoulle as chaves a Long John Silver do cofre a tamén tivo que disfrazarse e bailar de hawaiana.

Vicky e Enrique


O Nadal (2ª parte)

Escribimos as cartas aos Reis Magos e levámosllas en persoa aos reis. Tamén cantamos unha panxoliña de nadal. Tamén vimos o nacemento de Xesús e os Reis Magos déronnos golosinas.

A panxoliña era así:

O neno Xesús, o neno Xesús
nas pallas está.
E a Virxe María ri
San José contento está
e a mula e o boi, e a mula e o boi
caloriña dan.


Brais e Olalla

Adornos para a árbore

Material
* cartón
* pasta
* cola branca
* esprai

Ao principio collemos un cartón con forma de estrela e outro con forma de círculo, aínda que se pode usar calquera forma. Despois botamos a pasta por encima da cola branca. Deixamos secar e botamoslle esprai de cor prata ou dorado e collemos un fío tamen prata ou dorado para colgalos.

Por Aira e Ángel


O Nadal (1ª parte)

Fomos a ver a obra de teatro que fixeron os de 6ºC. Nela saían Melchor, Gaspar e Baltasar que ían a tódalas casas a darlles os regalos aos nenos. E tamén había un camello moi gracioso.






Na clase fixemos unha árbore debuxando as nosas mans en papel verde metalizado e pegándoas nun mural. Quedou moi chula!


Un bico

Lydia e Pablo

O corpo humano

Ola, somos Antón e Adrián V.
No primeiro trimestre practicamos o corpo humano na clase. Fixemos un esqueleto en cartulina negra e tamén cantamos a canción do corpo humano que nos gusta moito.

Esta é a canción:

Coa cabeza podo pensar
a canción que quero cantar
o tronco podo mover
se o ritmo me vai ben
as extremidades para bailar,
dar palmadas e patalexar
CABEZA; TRONCO; EXTREMIDADES
agora máis difícil ánimo rapaces!

Antón e Adrián V.

O Samaín

Eu son Clara e vouvos contar que no cole fixemos unha exposición de cabazas. A miña cabaza era de Hello Kitty. Tamén escoitamos os contos de medo que escribiron os nenos e nenas de 4º.



Agora, eu Cristian, vouvos contar un conto de medo:

Había unha vez unha flor que era un fantasma moi malo. E claro, chamábanlle "Maldad" e, un día asustou a un neno moi pobre. Pasaron dúas semanas e volveu a asustalo con cara de monstro feroz.







Clara e Cristian

O outono

Saímos ao patio e collemos follas secas. Na clase, fixemos un mural e pegamos as follas. Despois puxémolo fóra xunto a nosa exposición de froitos do outono.
Para a exposición fixemos un mantel con moitos debuxos, puxemos froitos do outono e sacámolo ao pasillo para que todos o viran.

Sofía e Miguel






O Magosto

Fixemos unhas cestas e tamén xogamos fóra e comemos castañas e divertímonos moito.

As cestas estaban feitas con:

- 1 cartón de leite
- cortámo-lo cartón á metade
- puxémoslle un fío
- decorámolo e acabamos!

Carmen e Hugo R.



Obradoiro de reciclaxe

Debuxamos basura en globos e metémolos no seu colector correspondente para reciclar. Tamén xogamos cos globos. Despois fixemos tres grupos: os do papel (colector azul), os do plástico (amarelo) e por último os do vidro (verde).



Por Xurxo e Lucas

Agora un xogo de reciclaxe:


http://www.madridsalud.es/munimadrid/recicla_munimadrid.php
 

Benvida

Ola! Son Samuel e este é o meu compañeiro Adrián R. Temos 7 e 8 anos e imos ao CEIP Castelao. Este blog é da clase de 2ºB. Os desta clase chamámonos: Carmen, Lucas, Miguel, Olalla, Sofía, Hugo P., María, Pablo, Juan, Aira, Vicky, Clara, Adrián R., Lucía, Lydia, Hugo R., Xurxo, Cristian, Antón, Ángel, Brais, Adrián V., Samuel e Enrique.



Esperamos que vos guste.

Samuel e Adrián R.