jueves, 26 de mayo de 2011

A Primavera

Fixemos un mural da primavera. Era moi bonito. Ten moitos animais, un neno e máis unha nena e moitas flores. Primeiro pintamos, despois pegamos papeis de animais. Estivo moi ben. A ver se vos gusta!

Adrián R. e Olalla

miércoles, 18 de mayo de 2011

Letras Galegas 2011: Lois Pereiro

Este ano dedicámoslle as Letras Galegas a Lois Pereiro.
Lois Pereiro naceu en Monforte. Estudou en Madrid. Foi letrista dun grupo de pop-rock chamado "Radio Océano". Tamén traballou escribindo para a revista "Loia" e tamén foi traductor. Durante a súa estancia en Madrid, consumiu aceite de colza e enfermou gravemente. Morreu moi novo.

Lucas e Cristian

lunes, 2 de mayo de 2011

O corpo humano

Por fin temos listo o noso video interpretando a canción "O esqueleto" de Migallas.
Esperemos que vos guste!